jueves, 29 de mayo de 2014

Intercambio lingüístico cultural

Este ano o alumnado da ESA está a facer un intercambio lingüístico cultural co alumnado de
  galego do Espazo das Linguas Ibéricas de Madrid.

Tanto os de Nigrán coma os de Madrid acolleron esta iniciativa de moi bo agrado. Xa levaron a cabo un intercambio de cartas e de correos e agora algúns alumnos de 4º e de 2º elaboraron uns documentos para ensinarlles o Val Miñor e incluso tamén amosarlles como son os seus traballos fóra do instituto.
Podédelos ver no blog de aula de falargalego. Os traballos dos de 2º son sobre a prensa local e están no blog irevir.
O alumnado da profesora Carme Lamela tamén nos ensina Madrid  na páxina do seu blog coñecemos Madrid .           

No hay comentarios:

Publicar un comentario